Coñece os nosos valores.

A túa distribuidora eléctrica

En Fuciños Rivas levamos dende o ano 1907 fornecendo enerxía eléctrica ao consumidor final mediante as nosas redes. Trátase dunha actividade regulada pola Lei 54/1997 do 27 de novembro do Sector Eléctrico.

A nosa distribución de enerxía esténdese polos Concellos de Melide, Santiso (A Coruña) e Agolada (Pontevedra), onde seguimos acometendo novos investimentos para atender á crecente demanda.

Somos unha empresa comprometida co medio ambiente polo que tratamos de reducir calquera impacto negativo das nosas operacións na contorna. Desta forma, melloramos cada día as nosas liñas, desenvolvendo unha rede de distribución innovadora, segura e eficiente.

Atención ao consumidor e avarías

Atención ao consumidor

(Luns a Venres de 9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00)
TELÉFONO GRATUITO: 900 701 152

Avarías (24 horas)

TELÉFONO GRATUITO: 900 701 152

Averías 24h
Telegestión

Telexestión

En Fuciños Rivas levamos dende o 2008 modernizando as nosas redes grazas á instalación de contadores intelixentes, concentradores e a incorporación de máis de 50 km de fibra óptica. O noso obxectivo é a creación dunha distribución máis intelixente para unha maior sinxeleza e transparencia na xestión das subministracións eléctricas e dar cumprimento ao disposto no RD1110/2007 e na OM 3860/2007.

Aínda non o tes claro? Resolvémosche todas as túas dúbidas ao instante